apoiosenredewiki3.png


Tendo en conta que a resposta educativa á Diversidade do ensino obrigatorio require de situacións de ensinanza e aprendizaxe o suficientemente variadas e flexibles como para permitir ó máximo número de alumnado acceder, na medida das súas posibilidades, ás competencias básicas, esta páxina pretende, por medio da interactividade, ser un aula aberta á participación e divulgación de experiencias de todos aqueles que traballamos con alumnos con necesidade de apoio educativo, que participa en agrupamentos específicos ou programas de diversificación curricular, ao tempo que servir de presentación de actividades que, dende a perspectiva integradora das novas tecnoloxías, faciliten e axusten a aprendizaxe aos diferentes ritmos e maneiras de entender.
Os contidos que inicialmente presentamos son de dous tipos. Por unha parte Recursos educativos, para axudar a estudar e comprender e, por outra, Actividades interactivas, ben de elaboración propia ou recollidas doutros Centros e autores cos que compartimos o mesmo fin.



apoiosenrede2.png